Arqueoloxía técnica e
xestión integral do patrimonio cultural

Sondaxes e escavacións arqueolóxicas

Sondaxes valorativas manuais u mecánicas e escavacións arqueolóxicas

Trátase, en ambos casos, da intervención física sobre un xacemento arqueolóxico ou unha zona onde se asume a existencia de restos arqueolóxicos.

As sondaxes son as intervencións de menor entidade que abarcan pequenos espazos e realízanse en períodos curtos de tempo buscando unha primeira aproximación ou investigación.

As escavacións, tanto sistemáticas como de urxencia, comprenden maiores extensións e prolongación no tempo e adoitan procurar obxectivos máis ambiciosos sobre o xacemento arqueolóxico afectado máis alá do seu simple achado ou localización.

En EQUITE estamos en condicións de facer fronte a calquera intervención deste tipo dispoñendo e organizando todos os medios materiais, humanos e técnicos precisos para levar a cabo o traballo que o cliente necesite. Isto, por suposto, inclúe todo o proceso, dende a fase administrativa e legal de redacción e tramitación até a execución, os estudos derivados de materiais ou estruturas, a topografía etc.