EQUITE nace no ano 2011 como unha empresa orientada á arqueoloxía técnica e á xestión integral do Patrimonio Cultural en todas as súas facetas.
Porén, a nosa experiencia no sector da arqueoloxía técnica retrotáese moito atrás pois levamos máis de 15 anos traballando como arqueólogos tanto dende a universidade como no sector privado.
Ao longo deste anos, a bagaxe atesourada abrangue unha ampla variedade de proxectos a nivel estatal e autonómico que inclúen todos os ámbitos relacionados co Patrimonio Cultural, polo que podemos dar resposta a calquera tipo de tarefa que se nos requira, tanto para entidades públicas ou privadas como para pequenos clientes particulares que buscan servizos dun arqueólogo para unha intervención puntual.
A nosa carteira de clientes é moi diversa e nela hai dende concellos, asociacións e enxeñerías até arquitectos, construtores e pequenos promotores privados.
E todos eles son atendidos sempre coa rapidez, o rigor e a experiencia imprescindibles para facer ben este traballo.