Un ano máis chega ao seu fin e nestas datas, dende EQUITE desexamos a todos os clientes e visitantes desta páxina unhas felices festas e un feliz ano novo. Para iso, nesta ocasión, escollemos unha imaxe dos famosos xeoglifos de Nazca, no Perú, onde recentemente se deron a coñecer novas insculturas descubertas hai uns meses no Val da Palpa, a uns 50 km das estacións xa coñecidas e declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende o ano 1994.
Estes novos xeoglifos adscríbense ás culturas Topará e Paracas, e serían máis antigos que os de Nazca, ata os 2.500 anos. O seu descubrimento produciuse grazas á aplicación de novas técnicas de teledetección mediante o uso de drons e imaxes de satélite como as obtidas coa tecnoloxía LiDAR. Estas técnicas experimentaron un gran pulo e difusión nos últimos anos, e os arqueólogos empregamolas adoito nos nosos actuais traballos de prospección, como complemento ó sempre imprescindíbel traballo de campo.