O primeiro problema perante o que se atopan os nosos clientes acostuma ser o descoñecemento do tema, algo totalmente lóxico.
O Patrimonio Cultural e a arqueoloxía aínda adoitan resultar un tanto alleos á sociedade, e moitísimo máis as implicacións legais dos mesmos. A compoñente burocrática que rodea á arqueoloxía técnica e de xestión tampouco é unha cuestión menor e pode chegar a complicar e, inclusive, paralizar a vertente administrativa de calquera proxecto.
Por iso en EQUITE, dende o primeiro momento, ofrecemos un asesoramento total aos nosos clientes en calquera cuestión que se nos formula (aspectos técnicos, legais, económicos etc). Podemos orientar, aconsellar e, por suposto, ocuparnos de toda a xestión e tramitación inherente a calquera proxecto que teña que ver co Patrimonio Cultural e a arqueoloxía.
En definitiva, o noso cliente pode esquecerse do seu problema e deixar que nós llo resolvamos ao tempo que lle explicamos todos os pasos.
http://mail.equite.es/gl/component/k2/item/79-consultoria-tecnica#sigProGalleriaf746805544