A maior parte destas intervencións enmárcanse, con frecuencia, dentro de traballos de avaliación de Impacto Ambiental, Ordenación do Territorio, investigación e difusión.
Hoxe en día, resulta cada vez máis necesario o desenvolvemento deste tipo de traballos por parte de arqueólogos debido ás diferentes lexislacións que o esixen a todos os niveis, dende o estatal até o municipal.
Así, os clientes do ámbito privado que adoitan requirir os nosos servizos para este tipo de traballos son construtoras de obra civil, empresas de transformación agraria, enxeñarías e estudos de arquitectura (para estradas, autovías, portos, concentracións parcelarias, gasodutos, telecomunicacións, parques eólicos, liñas eléctricas, canteiras, parques empresariais, urbanizacións, edificios etc).
No ámbito público, os nosos clientes acostuman ser administracións, tanto autonómica como estatal e municipal (para catalogación; investigación; estudos de redacción de normativas; ordenanzas ou planeamento urbanístico xeral, especial ou sectorial; iniciativas de obra pública etc).
O certo é que na actualidade non importa cal sexa o tipo de proxecto que se nos presente pois o máis probable é que xa abordásemos algo similar anteriormente.
http://mail.equite.es/gl/component/k2/item/101-prospecciones-arqueologicas-evaluaciones#sigProGalleriac2b143741b