Arqueoloxía técnica e
xestión integral do patrimonio cultural

Bo Nadal

Este foi un bo ano en EQUITE, con niveles de traballo inéditos para nós tanto en número de proxectos como de clientes.

Un deles, aínda en execución, foi o seguemento arqueolóxico das obras do colector de saneamento dos asteleiros de NAVANTIA, na cidade de Ferrol, e que incluían elementos do Patrimonio Cultural vencellado ó Camiño Inglés de Santiago e máis o Barrio da Madalena, un conxunto histórico declarado dende o ano 1984.

Entre eses elementos consta a denominada Porta antiga do Asteleiro, datada en 1857, que vemos na imaxe adxunta. Nesta ocasión a porta, totalmente iluminada, compuña unha inusual estampa de nadal fai case que un século, cando a debandita estrutura, hoxe clausurada, contaba cunha vida y atafego que agora xa só forma parte da lembranza e a Historia da cidade.

Ofrecemos pois esta imaxe como a nosa felicitación nadaleña para estas festas cos nosos mellores desexos.